mércores, 9 de decembro de 2020

CLUB DE LECTURA DE ADULTOS BIBLOS AGUIAR


    No curso 2013/2014 o noso IES comezou a feliz aventura dos Clubs de Lectura, unha aventura que o día 20 de marzo de 2014 se extendeu aos adultos que manteñen ou mantiñan algún vínculo co noso Instituto. Desde ese día celebramos durante o curso unha reunión mensual na Libraría Biblos arredor dun libro. 
   Tivemos a sorte, moitas veces, de contar coa visita cos autores das novelas elexidas: Cristiana Sánchez-Andrade (Las inviernas), Anxos Sumai (Así nacen as baleas), Celso Castro (entre culebras y extraños), Raquel Vázquez (La ocarina del tiempo), Antonio Altarriba e Kim (El arte de volar), Antón Riveiro Coello (A ferida do vento), Inma López Silva (Aqueles días en que eramos malas), Eli Ríos (Luns), Sergio del Molino (La mirada de los peces), Marcos Calveiro (O xardineiro dos ingleses), Miguelanxo Prado (Presas fáciles), Arantxa Portabales (Deixe a súa mensaje despois do sinal), Antón Lopo (Extraordinario), Andrés Neuman (Hacerse el muerto), Raquel Vázquez (Paralelo 36), José Ovejero (Insurrección) e Arantxa Portabales (Beleza vermella).
   O pasado 12 de marzo, mediante un correo, notificamos a anulación do encontro con Javier Peña para falar de Infelices
   Agora reábrese a posibilidade de reactivar o Club de Lectura, aínda que adaptándonos á situación Covid e asumindo o protocolo sanitario. 
   As reunións pasarán a ter unha localizacion menos gratificante que a Libraría Biblos: serán, ben na Biblioteca, ben no Salón de Actos do IES nun horario semellante. 
   O límite do aforo condicionará que escollamos un ou outro espazo. En calquera destas dúas estancias, cada lector estará a un metro e medio dos compañeiros, polo que será bastante máis difícil copiar e, para moitos, a experiencia servirá como una rememoración (arrepiante?) dos tempos escolares. 
   As persoas interesadas en sumarse ao Club deben enviar un correo a bibliofranciscoaguiar@gmail.com co asunto Alta Club de Lectura indicando no corpo do correo o interese en participar. 
   
   A próxima data da reunión será o próximo luns 18 de xaneiro ás 19 horas na Biblioteca do IES. 
   
   Ese mesmo día os lectores poderán mercar, na embaixada da Libraría Biblos no nosos IES os próximos libros a ler: de Laura Suárez, a novela gráfica Os contos da néboa, e de Xesús Fraga o relato Virtudes (e misterios)
 
Equipo da Biblioteca 
 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario