martes, 7 de xuño de 2022

RETRATO

    Na linguaxe cotiá dicimos “retratar” para referirnos simplemente ao acto de facer unha fotografía na que sae unha persoa. A miúdo a intencionalidade é rexistrar un momento concreto ou que esta persoa saia “guapa”. Nada máis lonxe do que fan os fotógrafos cando encaran un retrato. Facer un retrato significa observar a persoa, reflexionar, interrogarse sobre que queremos mostrar como fotógrafos e como o mostraremos. Un retrato constrúese, é dicir, o fotógrafo elixe que quere mostrar e como facelo: elixe o espazo, dispón ao retratado, dálle indicacións, estuda o rostro, as expresións, a mirada, a relación entre a luz e o rostro, etc. 
   «Entre o retratado e o fotógrafo hai un combate. E ese combate, para que a foto sexa boa, ten que gañala o fotógrafo e non o retratado, porque é evidente que o retratado asume un rol, unha pose de como lie gustaría aparecer. Dalgunha maneira, se auto-representa, ponse gracioso, sorrí... pero iso non ten nada que ver coa súa personalidade interior, que é o que buscamos nós cando facemos un retrato» (Humberto Rivas).
   Para Richard Avendon, «A primeira parte da sesión é un proceso de aprendizaxe para a persoa a quen retrato e para min. Teño que dicidir a colocación da cámara, a distancia adecuada do personaxe, a distribución do espazo ao redor da figura e a altura do obxectivo. Mentres, observo como se move, como reacciona, que expresións crúzanlle o rostro. Deste xeito, no momento de crear o retrato, dándolle indicacións podo incrementar unhas características naturais, a súa maneira de ser.» (Richard Avedon sobre o traballo en “In the American West”, retratando persoas que coñecía no mom ento da sesión fotográfica). 
Xosé Manuel Rey Bao
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario