xoves, 16 de outubro de 2014

REO, Xesús Fraga

XESÚS FRAGA, Reo, Galaxia, Vigo, 2014, 144 páxinas.

[ NG FRA reo]

 **********
Non hai erro: non andamos a repetir a entrada coa que comezara este curso. Reo volve a Alto Risco porque onte foi a presentación oficial da novela en Casa Castillo, e alí fomos a disfrutar da presentación do Editor de Xerais Francisco Castro e da sabedoría en arte contemporánea do noso compañeiro Xosé Luis Mosquera Camba.
Mentras eles alumeaban ao auditorio coas súas atinadas observacións, outro escritor compartía con todos nós o prodixio de plasmar nunha das paredes unha peza que ía facendo con total concentración.

 
Todo o mundo repartía os seus ollos entre o seu traballo e o banco no que estaban a falar Castro, Mosquera e, finalmente, Xesús Fraga, que sinalou a singularidade de Betanzos, como unha pequena vila na que aínda se mantén a práctica desta xa tradición artística da que se sinte un dos pioneiros nos oitenta. 
 
Temos que alegrarnos polo feliz atrevimento dunha das alumnas do Aguiar, que, falando no nome de todos os compañeiros de de 2º de ESO, pediu a Xesús Fraga que acudira ao Instituto a falar da súa novela. Compromiso pechado!



Por certo: as cursivas na palabra escritor as poñemos para aquel que aínda non coñeza a xerga dos grafiteiros. Nós, despois do de onte, xa levamos moito sabido.
Eso sí, repetimos, por si alguén aínda anda nas berzas:
Reo obtivo o derradeiro Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e xuvenil.


Ningún comentario:

Publicar un comentario