martes, 14 de outubro de 2014

EMOCIONARIO. DI LO QUIE SIENTES, Cristina Núñez Pereira & Rafael R. Valcárcel

CRISTINA NÚÑEZ PEREIRA & RAFAEL R. VALCÁRCEL, Emocionario, Palabras Aladas, Madrid, 2013, 92 páxinas.

[AI NUN emo]

   Despois do éxito obtido no curso anterior, este ano queremos dar un paso adiante na acción educativa dos CLUBES DE LECTURA. Por iso, ademáis de manter as modalidades habituais, queremos dar continuidade aos nosos queridos cómicos [Clube de Teatro Máis de cen ás para voar], e incluir tres novas ofertas: o Clube de Lectura Inter-Aguiar, o Clube de Lectura de Poesía e microformas literarias e o Clube de Lectura de Álbum Ilustrado.
 
   O Clube de Lectura de Álbum Ilustrado estará enfocado prioritariamente aos alumnos do primeiro ciclo da ESO. Consideramos que o ensino público ten entre as súas obrigas, a de propiciar a compensación formativa dos alumnos que se ven privados das posibilidades doutros nenos e nenas de familias máis instruídas ou menos castigadas polas limitacións económicas. Tamén sabemos que os artistas que cultivan o Álbum Ilustrado practican unha disciplina artística profundamente trasversal: moitos álbums ilustrados poden ser lidos por lectores dun abano moi amplo de idades. Tamén temos en conta que pola forza visual das imaxes e a extensión dos textos, permiten ser lidos nun prazo de tempo máis curto; por iso, poden ser un fermoso cebo para captar o interese dos alumnos que, tendo menos hábitos lectores, merecen, por iso, unha atención máis sutil e persuasiva da nosa parte.
   Este fermoso diccionario das emocións será un dos Álbumes cos que tratemos de atraer ao noso alumnado a participar da comprensión do mundo exterior e o mundo propio, para que cada un saiba verbalizar as súas inquedanzas e reflexións, pois comprendendo o noso eu estamos máis preto de enterder aos outros.



Ningún comentario:

Publicar un comentario