mércores, 18 de novembro de 2015

VIAXE POR GALICIA, George Borrow

GEORGE BORROW, Viaxe por Galicia, Xerais, Vigo, 1993, 164 páxinas.



   Chegamos a Betanzos ben entrada a tarde. Esta cidade érguese nunha ría a certa distancia do mar e a unhas tres leguas da Coruña. Rodéana por tres lados elevados montes. O tempo, ó longo da maior parte do día, foi grisento e ameazador, e a atmosfera de Betanzos achámola insoportablemente abafante e pesada. Cheiros acedas e noxentos agredían os nosos órganos olfativos dende todas partes. As rúas estaban suxas, así como as casas e, especialmente, a posada. Entramos na corte; estaba estrada de algas podres e outras basuras nas que os porcos andaban a se emborcallar. Moscas enormes e repugnantes zumbaban arredor. —¡Que casa de apestados! —exclamei. Pero non atopamos corte ningunha e, polo tanto, vímonos obrigados a ata-los infelices animáis as suxas cambeleiras. A única forraxe que puidemos obter foi millo. Contra a caída da noite levámolos a beber a un pequeño río que pasa por Betanzos.




Ningún comentario:

Publicar un comentario