martes, 1 de decembro de 2015

ASÍ NACEN AS BALEAS: ENCONTRO DO CLUB DE LECTURA DE ADULTOS CON ANXOS SUMAI

Aviso para todos os arponeiros da contorna: xa temos data para o encontro con Anxos Sumai na Libraría Biblos. Será o próximo mércores 9 de decembro ás 18:30.

Está previsto que comecemos a falar de Así nacen as baleas. E despois, como sempre, deixarémonos levar polas correntes mariñas ata eso das oito, momento no que cederémoslle a palabra a Víctor Freixanes, que exercerá como documentado presentador da novela de Manuel Portas Lourenço, Xograr, que ven de gañar o  Premio García Barros neste 2015.  


Libraría Biblos
Rúa Santiago, 4
Betanzos
18:30
9 de decembro do 2015




Ningún comentario:

Publicar un comentario