luns, 10 de abril de 2023

ENCONTRO CON EDURNE PORTELA

    O próximo venres ás 19 horas, na Libraría Biblos, conversaremos con Edurne Portela sobre Maddi y las fronteras (Galaxia Gutenberg, Barcelona, 2023), a súa última obra.
  
   O ano pasado os que participamos no Club de Lectura Biblos Aguiar gozamos a lectura de Mejor la ausencia (Galaxia Gutenberg, Barcelona, 2017) e no pasado mes de marzo Formas de estar lejos (Galaxia Gutenberg, Barcelona, 2019), por iso, esperamos con moita ilusión (e por que non dicilo, certa ansiedade) a súa esperada visita.
 
   
 
   
  

Ningún comentario:

Publicar un comentario