mércores, 18 de outubro de 2017

CHARAMUSCAS, Suso Lista

SUSO LISTA, Charamuscas, Embora, 2017, 15o páxinas.

[NG LIS cha]

Vivo no último piso dun dos edi cios máis altos dunha vila mariñeira. A situación converte a miña casa nunha atalaia privilexiada. Desde a miña habitación, orientada ao Sur, vexo as praias, o porto e a ría. O sol e a lúa. Ao carón da ventá, unha mesa na que escribo. Nela teño pousados uns prismáticos para ver os barcos e comprobar de que país proceden os centos de iates que fondean nesta rada protexida de todos os ventos. Con eles gústame xogar ás adiviñas. Antes de ver a bandeira, imaxino de onde son polas maneiras de manobrar, pola feitura do casco ou pola orde coa que estiban os aparellos na cuberta. Sempre adiviño a procedencia da maioría deles. Onte aconteceu algo que nunca tiña visto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario