Que propensión a ler historias tristes!
É certo.
Este é o quinto curso do Club de Lectura Biblos Aguiar. Poucas veces conseguimos ler novelas que non foran tristes, porque, o non somos quen de escoller algo que mova a risa (Foi excepción El abuelo que saltó por la ventana...?) o, como algún lector mantivo onte na charla, o arte reflicte a vida, e, moitas das vivencias resultan tristes.
Vinieron como golondrinas é unha novela aparentemente sinxela que oculta un traballo de depuración artística. O narrador elixe contar desde a sutileza as vivencias duns nenos dunha familia relativamente acomodada durante o ano 1918, o ano da gripe española.
Unha historia sobre as perdas: o medo a perda das atencións da Nai ante o nacemento dunha irmán, a perda dunha extremidade (que non implica a inutilidade física) e a máis terrible perda: a da Nai, unha Nai que deixa un oco maiúsculo, que mesmo provoca o desmantelamento da casa que foi fogar e ameaza á pervivencia da familia.
Falamos tamén dos modos posibles de ser pais, da tébeda reivindicación a importancia da muller (aínda como eixe pragmático da familia), da perfecta configuración das persoaxes...
Soubemos, pois, que viñamos de ler unha novela que parecía menor e non o é.
Un exercicio de estilo no que o narrador procura desenfocar a fotografía da historia: o verdadeiramente importante ocorre nun plano desenfocado, porque na Historia das nosas vidas adoita ter máis importancia a nosa Intrahistoria.
Ningún comentario:
Publicar un comentario