luns, 5 de outubro de 2015

HORA DE LER

 HORA DE LER

1ª SEMANA [1ª SESIÓN]

   Este luns 5 de outubro, no IES Francisco Aguiar, retomaremos a actividade “Hora de ler” que se vén levando a cabo dende hai varios anos nos grupos da ESO.
   Esta actividade consiste en adicar os quince primeiros minutos da clase, segundo o calendario que estará exposto nas aulas, á lectura na aula (silenciosa e individual, colectiva e en voz alta, a gusto de cadaquén). "Hora de ler" non está dirixido en exclusiva a obras literaria, senón que ten cabida calquera tipo de texto que o profesor considere conveniente.
   Para cantos estean interesados, pais, nais, profesores alumnos ou alumnas... no blog da Biblioteca “Alto Risco” pódese atopar material dixitalizado para a lectura.
   
   Nesta outonal semana as follas das propostas de lectura conteñen dúas narracións: un relato de Yolanda Reyes que suscitará unha chea de reflexións sobre a migración, o éxodo e o exilio e, nun ton moito máis lixeiro, un relato de iniciación de Eduardo Sacheri tomado do seu libro La vida que pensamos. Cuentos de fútbol.
   
   Agradecemos a colaboración de profesorado e alumnado na posta en marcha desta actividade no convencemento de que será beneficiosa na adquisición e mellora da competencia lectora do noso alumnado.

O Equipo de Biblioteca.

Ilustración: David Pintor

Ningún comentario:

Publicar un comentario