luns, 25 de outubro de 2021

CLUB DE LECTURA ADULTOS . BIBLOS AGUIAR 2021-2022


    No curso 2013/2014 o noso IES comezou a feliz aventura dos Clubs de Lectura, unha aventura que o día 20 de marzo de 2014 se extendeu aos adultos que manteñen ou mantiñan algún vínculo co noso Instituto. Desde ese día celebramos durante o curso unha reunión mensual na Libraría Biblos arredor dun libro. 
   Tivemos a sorte, moitas veces, de contar coa visita cos autores das novelas elexidas: Cristiana Sánchez-Andrade (Las inviernas), Anxos Sumai (Así nacen as baleas), Celso Castro (entre culebras y extraños), Raquel Vázquez (La ocarina del tiempo), Antonio Altarriba e Kim (El arte de volar), Antón Riveiro Coello (A ferida do vento), Inma López Silva (Aqueles días en que eramos malas), Eli Ríos (Luns), Sergio del Molino (La mirada de los peces), Marcos Calveiro (O xardineiro dos ingleses), Miguelanxo Prado (Presas fáciles), Arantxa Portabales (Deixe a súa mensaje despois do sinal), Antón Lopo (Extraordinario), Andrés Neuman (Hacerse el muerto), Raquel Vázquez (Paralelo 36), José Ovejero (Insurrección) e Arantxa Portabales (Beleza vermella).
   
 Tras a paréntese aberta, lamentablemente, en marzo de 2020, pretendemos reiniciar esta actividade volvendo á Libraría Biblos.

   As persoas interesadas en sumarse ao Club deben enviar un correo a bibliofranciscoaguiar@gmail.com co asunto Alta Club de Lectura indicando no corpo do correo o interese en participar. 
   A mecánica de reunións alterna os encontros cos autores coa lectura doutras obras.
  Para a primeira sesión mensual, esperamos poñer á disposición dos lectores, exemplares da novela Las lealtades de Delphine de Vigan.
   
   O día da reunión do Club de Lectura os lectores poderán mercar, na Libraría Biblos, os próximos libros a ler: entre as débedas pendentes por mor da pandemia, o último premio Nacional de Narrativa: Virtudes (e misterios) de Xesús Fraga, a novela gráfica Os contos da néboa, de Laura Suárez, e Infelices de Javier Peña.
Equipo da Biblioteca
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario