xoves, 28 de outubro de 2021

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS: Sabela Caamaño, Premio Martín Códax



CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS…  Sabela Caamaño, Premio Martin Codax 

   Sabela Caamaño amosou a súa excelencia académica, de modo constante, nas aulas do Aguiar, que deixou no 2008. 

   Xa cursando ESO soubemos dos seus moitos éxitos musicais obtidos en distintos concursos internacionais. 

   Titulada superior en Acordeón, Pedagoxía da Linguaxe Musical e Piano, é profesora no Conservatorio Profesional de Música da Coruña.

   Hoxe recibe os nosos parabéns por ter obtido cun dos seus grupos musicais, Caamaño e Ameixeiras, o Premio Martín Códax na categoría de Folk. 

luns, 25 de outubro de 2021

CLUB DE LECTURA ADULTOS . BIBLOS AGUIAR 2021-2022


    No curso 2013/2014 o noso IES comezou a feliz aventura dos Clubs de Lectura, unha aventura que o día 20 de marzo de 2014 se extendeu aos adultos que manteñen ou mantiñan algún vínculo co noso Instituto. Desde ese día celebramos durante o curso unha reunión mensual na Libraría Biblos arredor dun libro. 
   Tivemos a sorte, moitas veces, de contar coa visita cos autores das novelas elexidas: Cristiana Sánchez-Andrade (Las inviernas), Anxos Sumai (Así nacen as baleas), Celso Castro (entre culebras y extraños), Raquel Vázquez (La ocarina del tiempo), Antonio Altarriba e Kim (El arte de volar), Antón Riveiro Coello (A ferida do vento), Inma López Silva (Aqueles días en que eramos malas), Eli Ríos (Luns), Sergio del Molino (La mirada de los peces), Marcos Calveiro (O xardineiro dos ingleses), Miguelanxo Prado (Presas fáciles), Arantxa Portabales (Deixe a súa mensaje despois do sinal), Antón Lopo (Extraordinario), Andrés Neuman (Hacerse el muerto), Raquel Vázquez (Paralelo 36), José Ovejero (Insurrección) e Arantxa Portabales (Beleza vermella).
   
 Tras a paréntese aberta, lamentablemente, en marzo de 2020, pretendemos reiniciar esta actividade volvendo á Libraría Biblos.

   As persoas interesadas en sumarse ao Club deben enviar un correo a bibliofranciscoaguiar@gmail.com co asunto Alta Club de Lectura indicando no corpo do correo o interese en participar. 
   A mecánica de reunións alterna os encontros cos autores coa lectura doutras obras.
  Para a primeira sesión mensual, esperamos poñer á disposición dos lectores, exemplares da novela Las lealtades de Delphine de Vigan.
   
   O día da reunión do Club de Lectura os lectores poderán mercar, na Libraría Biblos, os próximos libros a ler: entre as débedas pendentes por mor da pandemia, o último premio Nacional de Narrativa: Virtudes (e misterios) de Xesús Fraga, a novela gráfica Os contos da néboa, de Laura Suárez, e Infelices de Javier Peña.
Equipo da Biblioteca
 

HORA DE LER


5ª SEMANA 
 
[5ª SESIÓN]

Nestas datas que anteceden o día de defuntos, as lecturas ben poden axudar a desacralizar a Morte, a desmontala, con serenidade, das súas maiúsculas para ensinar a vivir a Vida.
Son os medos moi necesarios para encarar os perigos. Mal administrados, eses medos poden ser un atranco para deixarnos vivir a vida.  
Son os medos moi necesarios para encarar os perigos. Mal administrados, eses medos poden ser un atranco para deixarnos vivir a vida.   
De todo iso (e de moito máis) falan Encol da morte do Bieito, un relato de Rafael Dieste, e este conto transilvano adaptado por Ana Cristina Herreros.

Deixamos a curtametraxe sobre o relato de Dieste (que fixera Xudit Casas), para os que pensan que convén ver tamén a película.


venres, 22 de outubro de 2021

CONCURSO DE (MICRO) RELATOS


 O Equipo da Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez organiza, como en cursos anteriores,  un concurso de relatos (ou microrrelatos) con temática de terror.

As propostas de lectura das próximas semanas, estarán marcadas polas historias de defuntos e o trasmundo.
 
Os traballos poderán ser enviados preferentemente ao correo da biblioteca: [bibliofranciscoaguiar@gmail.com] co [Asunto: Concurso de relatos de terror] e o documento anexo en formato editable (doc, odt...).
 


SEN MEDO ÁS LECTURAS DE MEDO

Lecturas de medo na biblio.

 


    Na semana vindeira , na que   remata o mes co samaín,  celebraremos na biblioteca  varias sesións de lectura de relatos de medo . Será durante algúns recreos que vos anunciaremos nas aulas , e , debido ás limitacións de aforo, estarán dirixidas preferentemente ao alumnado dos clubs de lectura.
    Para ir ambientando  xa temos na biblio unha boa selección de lecturas que son para poñer os pelos de punta , pero xa se sabe que o medo é libre. Non as perdades!